SOLICITUDE DE VACANTES NO PROGRAMA DE FOMENTO Á EMPREGABILIDADE "O TEU PRIMEIRO EMPREGO" EN ORGANIZACIÓNS NON GUBERNAMENTAIS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA (VACANTES)
DATOS DA PERSOA SOLICITANTE
Enderezo:
DATOS ACADÉMICOS DA PERSOA SOLICITANTE
PUBLICACIÓN DE ACTOS

Publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), de conformidade co establecido no artigo 45 da LPACAP, a listaxe de persoas preseleccionadas, seleccionadas e a valoración obtida.


Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Deputación de Pontevedra, https://depo.gal

DOCUMENTACIÓN

Non será necesario achegar os documentos que xa se presentasen anteriormente. Para estes efectos a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.

  • Copia do título ou do certificado de estudios realizados
  • Copia do expediente académico da titulación obxecto da selección
  • Copia da titulación distinta a esixida e relacionada co posto
  • Copia do título de doutoramento
  • Copia dos títulos oficiais de máster universitario ou títulos propios da universidade de máster relacionados co contido do presente procedemento
  • Copia dos cursos de especialización, formación e perfeccionamento organizados por centros oficiais dependentes da Administración do Estado, da comunidade autónoma ou Administración local, universidades, colexios oficiais ou escolas da Administración pública directamente relacionados co posto a desempeñar
  • Copia da tarxeta de demandante ou mellora de emprego
  • Copia da vida laboral actualizada
COMPROBACIÓN DE DATOS
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta electrónica automatizada. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo no cadro correspondente e achegar os devanditos documentos.
OPÓÑOME A CONSULTA
NIF das persoas solicitantes preseleccionadas
DECLARACIÓN RESPONSABLE
A persoa solicitante declara:
  1. Estar en posesión do título universitario ou de formación profesional de grado superior ou títulos oficialmente recoñecidos como equivalentes ó declarado.
  2. Non ter transcorridos máis de cinco anos, ou de sete cando o contrato se celebre cunha persoa con discapacidade, desde a terminación dos estudos.
  3. Non estar e non haber estado contratados en prácticas pola mesma ou distinta persoa física ou xurídica por tempo superior a un ano.
  4. Non ter experiencia laboral previa na titulación, entendendo como tal non ter sido contratado nin haber estado de alta como autónomo polos grupos de cotización por un periodo de tempo superior a seis meses en actividades relacionadas co posto.
  5. Non ter unha incapacidade física nin padecer ningunha enfermidade que poida impedir desenvolver a actividade que constitúa o obxecto do contrato en prácticas.
  6. Non incorrer en ningunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.
  7. Que os datos consignados na solicitude son certos, que se reúnen as condicións esixidas para o acceso ós contratos en prácticas da presente convocatoria.
PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento

Deputación de Pontevedra

Finalidades do tratamento

Xestionar o presente procedemento e levar a cabo todas as actuacións administrativas que, no seu caso, se deriven. Así mesmo, a Deputación de Pontevedra, no exercicio das súas competencias, poderá verificar os datos e documentos que a persoa interesada declare na súa solicitude para comprobar a súa exactitude

Lexitimación para o tratamento

O cumprimento dunha tarefa en interese público ou o exercicio de poderes públicos segundo a Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.

Destinatarios dos datos

As administracións públicas no exercicio das súas propias competencias ou cando sexa necesario para que a cidadanía poida acceder de forma integral á información relativa a unha materia

Exercicio de dereitos

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou revogar o consentimento segundo o previsto en https://www.depo.gal/proteccion-de-datos/exercicio-de-dereitos

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información

https://www.depo.gal/proteccion-de-datos

Texto para identificar Refresh CAPTCHA Refresh CAPTCHA